Quen somos

Milesios nace recén comezado o verán de 2009, do interese común por interpretar música de raíz galega e irlandesa.

Desde entón, participan en diversos festivais: Penela Rock (2009), Rabafolc (2010), Festival celta máis pequeno do mundo (2011, 2012 e 2013), San Froilán (2011 e 2013), Noite Celta de Porcía (2012) e Pardiñas(2012), compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo ou Quempallou. Ademais, actúan en locais de música en directo de toda Galiza como A Repichoca, na Coruna, Clavicémbalo, en Lugo, O Con do Moucho, na Illa de Arousa, Taberna Marrucho, en Baiona, ou A Farándula e O Torreiro da Festa, en Vigo. No ano 2011 participan no Proxecto Runas do Festival de Ortigueira, sendo seleccionados con outros 10 grupos para a final.

No ano 2012 son seleccionados entre os 6 finalistas do III Certamen ‘Folk en la Sierra – FIS 2012’, pendente de celebración.

En febreiro de 2013 sae a luz o seu primeiro disco, titulado Alén mar, que evoca a viaxe dos Milesios de Galiza a Irlanda hai miles de anos.

Milesios somos:

Manuel Mª Veiga: baixo, bouzouki e mandolina

Nazaré Guerreiro: pandeireta e voz.

O Moucheiro: guitarra, bouzouki e voz.

Paula Veiga: violín.

Senén Montero: percusión e voz.

Xesús Villarino: gaitas, frautas e ocarina.

Queres poñerte en contacto con nós? darnos a túa opinión? Non dubides en deixar comentarios nas anotacións deste blog ou escribir un correo electrónico.