Grazas a Lume na Palleira


Xullo 24th, 2014

Moitas grazas aos ouvintes de Lume na Palleira e a Emilio Españadero por seguir difundindo a nosa música.

lume na palleira

date
 

Xa logo chega o Festival 27373!


Xullo 13th, 2014

Estamos desexando que chegue o día! O próximo día 9 de agosto estaremos no clube fluvial de Begonte… e non seremos nós sós… vai ser unha festa á que vale a pena ir, como todo o que organizan os de Castiñeiro Milenario .

date
 

Moitas grazas!


Xuño 13th, 2014

Non podemos máis que agradecer a calorosa participación de todo o público que onte encheu a Casa do Saber para escoitar o noso concerto de volta de alén mar.

date
 

Xa se achega o Lubicán


Maio 30th, 2014

O próximo día 12 estaremos na Casa do Saber ás 20:30.

date
 

De novo Milesios no IES Perdouro


Marzo 26th, 2014

Desta volta foron o noso gaiteiro, Xesús Villarino, e o autor do vídeo, Norberto Leivas, os entrevistados polo marabilloso equipo do Proxecto Neo. Podedes escoitar a entrevista premendo na imaxe.

Moi agradecidos!

date
 

O Proxecto Neo entrevista a Milesios


Febreiro 19th, 2014

Hoxe tivemos a honra de participar no programa de radio Proxecto Neo, do IES Perdouro de Burela en colaboración con Radio Burela. Un proxecto de innovación educativa que ten como protagonistas os neofalantes. Podedes escoitar o programa premendo na imaxe.

date
 

Estaremos no Lubicán 2014


Febreiro 11th, 2014

Este ano 2014 participaremos na sétima edición do ciclo Lubicán, que se enmarca na programación de Lugo Cultural, convenio entre a Universidade a Deputación e o Concello. O ciclo comeza o 20 de febreiro ao ritmo de unha actuación por mes, rematando o día 12 de xuño coa actuación de Milesios. Chegamos de volta de alén mar con esta actuación en Lugo na que interpretaremos temas xa presentes no noso CD e novos temas nos que levamos traballando uns meses.

date
 

Entrevista en Radio Sant Boi


Decembro 19th, 2013

Moi agradecidos a Armando e Xulio polo seu interese en divulgar a nosa música.

date
 

Festa grande, a festa dandi!


Novembro 24th, 2013

Desfrutamos onte na festa dandi… e ata levamos algún premio (pero que ghuapismo estabas, Senén!). Moitas grazas a tod@s!

date
 

Participamos na conmemoración do 95º aniversario do Manifesto de Lugo


Novembro 12th, 2013


 

 

 

date