gravaciónArchive for the '' Category

Milesios en Ribadeo (I)


Setembro 1st, 2014

Para todos aqueles que non puidestes asistir ao noso concerto de Ribadeo, estamos facendo un resumo cos vídeos que imos conseguindo. Aí vos vai a primeira entrega.

date
 

…e como consigo Alén mar de Milesios?


Febreiro 24th, 2013

Claro, xa pasou a presentación de Milesios e non puideches vir… non te agobies, temos un disco de Milesios que ten o teu nome escrito. Podes mercalo en calquera dos concertos da nosa xira de presentación por tan só 10 €. Pero se teimamos en facer os concertos xusto cando ti non podes vir, sempre podes pedirnos o CD por correo electrónico e recibirás o teu disco por correo ordinario, despois de ingresar 12 € na nosa conta. Sí, é algo máis caro, pero parece que o servizo de correos tamén quere gañar algo co noso CD. Vale a pena disfrutar do deseño do disco, unha gran obra de Daniel Díaz, así que che recomendamos que merques o disco físico. Non obstante, é moito máis doado escoitalo online ou baixar os mp3. Se esa é a opción que prefires, podes utilizar os servizos de itunes, amazon ou spotify.

                                

date
 

Milesios lanza o seu primeiro disco


Febreiro 3rd, 2013

O grupo de música celta Milesios acaba de publicar o seu primeiro disco, titulado Alén mar. Fiel á súa traxectoria, o disco contén obras tradicionais e obras compostas polo grupo. A peza que dá nome ao disco, Alén mar, é unha das primeiras composicións do grupo e fai referencia á viaxe que os Milesios fixeron hai miles de anos desde as costas de Galiza cara Irlanda. Neste primeiro traballo, o grupo introduce por primeira vez a voz en dúas das catorce pezas que compoñen o disco. Unha das pezas cantadas constitúe a versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana e, para a súa interpretación, Milesios conta coa colaboración especial de Pilocha Martínez. A outra peza cantada é un tema tradicional no que Carolina Vázquez Castro se une ás voces que aportan os compoñentes do grupo.
A produción de son correu a cargo de Ezequiel Orol, de Fuzz Audio Facilities, Daniel Díaz Trigo é o responsable das fotografías e o deseño gráfico, mentres Nerea Pallares escribiu evocadores textos para cada un dos temas.

A presentación oficial do disco terá lugar en Lugo o próximo día 22 de febreiro ás 20:00 no auditorio de Novacaixagalicia na Praza de Santa María.

date
 

Entrevista en Folk in Trío


Novembro 12th, 2011

Para aqueles que non puidestes escoitar a nosa entrevista en directo no Folk in Trío da Cuac FM, deixamos aqui a gravación do programa. folkintrioprograma122milesios-cuacfm

date
 

Xa temos maqueta!


Xullo 20th, 2011

Xa dixeramos hai tempo que os Milesios estabamos a preparar a nosa primeira maqueta. Pois ben, tras un tempo de masterización que deixamos en mans profesionais, xa temos o produto listo e andámolo a distribuír alá onde actuamos. Contén cinco temas, algúns de composición propia e outros extraídos do repertorio tradicional galego ou irlandés. A gravación e a edición foi toda made in feita na casa con moito agarimo e ilusión. E só custa catro euros!!

Se queres saber como soa a nosa música podes descargar dous dos cinco temas da maqueta gratis premendo nesta ligazón ou na imaxe que colocamos na marxe esquerda do blogue.

Esperamos que vos guste!!

date
 

Días de gravación


Abril 28th, 2011

A pasada semana, Milesios pechouse no local de ensaio con moitos ánimos e certos víveres para gravar cinco temas para unha maqueta. Despois de moitas horas de duro traballo, e isto non é nengunha metáfora, conseguimos facer algo audible.  Nos próximos días será enviada a un estudo profesional para a mestura e masterización, pero para que vos vaiades facendo unha idea do que pode ser, ofrecémosvos a posibilidade de escoitar uns segundos da peza de composición propia Flooktuacións. Agardamos que vos guste. Non dubidedes en deixar comentarios sobre o que escoitades!

date