Estaremos no San Froilán!

Segundo publica a páxina do Concello de Lugo, Milesios actuará o próximo día 7 de outubro na praza da Horta do Seminario, dentro da programación das festas de San Froilán. Queremos manifestar o noso agradecemento a todas aquelas persoas que propuxeron o nome de Milesios e á concellería de Cultura por confiar na nosa aportación musical, así como a de outros moitos grupos musicais lucenses e galegos. Agradecemos tamén á concellería de Cultura que nos brinde a oportunidade de compartir escenario cun grupo cunha traxectoria tan ampla e chea de éxitos como Berrogüetto. Esperamos vervos a tod@s alí.

One ResponseEstaremos no San Froilán! to “”

  1. milesios Says:

    Moitas grazas pola acollida! Foi un pracer tocar no S. Froilán.