Milesios é un dos seis grupos seleccionados para actuar os días 3 e 4 de agosto en Fregenal de la Sierra dentro da final do «III Certamen Folk en la Sierra – FIS 2012″. Moitas grazas ao xurado por confiar na nosa proposta musical. Alí estaremos!
Moitas grazas ao marabilloso público que asistiu ao concerto de Milesios na Casa das Cores onte pola tarde. Todo foi agradable e entrañable en extremo. Grazas.
Menuda noite e menudo público na Repichoca! Moitas grazas a tod@s pola acollida… e xa estamos a prepararnos para hoxe ás 6 da tarde no Barrio da Ponte, en Lugo, na Casa das Cores.
Este fin de semana que vén podedes ver a Milesios na Coruña e en Lugo nun formato acústico para nos adaptar aos locais en que actuamos. Comezaremos o sábado 24 ás 22:30 na Repichoca, Orillamar, 13, Coruña.
O domingo 25, día de san Lázaro, axudaremos a celebrar as festas do Barrio da Ponte con un concerto na Casa das Cores a partir das 18:00, unha hora estupenda para todos os públicos. Esperamos ademais que faga bo tempo para podermos desfrutar da terraza.
O próximo sábado día 11 de febreiro axudaremos a inaugurar o novo centro social daSociedade Cultural Mádia Leva! Está situado na rúa Serra de Ancares número 18, en Lugo. A festa comeza ás 20:30 cosPinchacarneiros e continúa cosMilesios. Agardamos vervos a tod@s alí.
Pois nada máis sinxelo que premer na imaxe desta anotación, que te levará á páxina da TVG onde podes ver a nosa actuación no Luar do 13 de xaneiro de 2012. Terás a vantaxe de que ademais abrimos o programa dese día, así que só será comezar e ver os Milesios en plena actuación.
Claro que, se o prefires, sempre podes ver aqui mesmo o vídeo:
Este venres 13 de xaneiro, estaremos noLuar daTelevisión de Galicia. O programa emítese entre as 22:00 e as 00:30. Podes vernos en directo premendo na seguinte imaxe, ou no propio visor desta anotación.
Para aqueles que non puidestes escoitar a nosa entrevista en directo no Folk in Trío da Cuac FM, deixamos aqui a gravación do programa. folkintrioprograma122milesios-cuacfm